0034 617 988 857
Tes unha invitación aberta para poñerte en contacto con nos, caquera día a calquera hora.
Comunicación sostible
O equipo de Permae ofrece servizos de comunicación a empresas e institucións públicas e privadas co obxectivo de mellorar e facilitar a comunicación interna e externa a todos aos grupos de interese.
Entendemos que a comunicación é unha ferramenta poderosa para promover a sustentabilidade. Ofrecemos servizos de comunicación estratéxica que axudan ás empresas a transmitir de maneira efectiva os seus compromisos e logros en materia de sustentabilidade. Desde o desenvolvemento de mensaxes chave ata a creación de campañas de comunicación, traballamos xunto cos nosos clientes para garantir que a súa mensaxe sustentable chegue ao seu público obxectivo de maneira clara e convincente.
En resumo, o traballo que realizamos en consultoría de sustentabilidade require comprensión dos desafíos medioambientais e sociais, a capacidade de desenvolver solucións prácticas e a sensibilidade para axudar as organizacións a avanzar cara a un futuro máis sostible.
En Permae, cremos no poder da comunicación para impulsar o cambio cara a un mundo máis sustentable. Este servizo pode ser tan solo de asesoramento aos equipos de marketing e comunicación ou global, asumindo todas as tarefas.
Os nosos servizos de comunicación en sustentabilidade están deseñados para axudar a entidades públicas, privadas e ás empresas a transmitir o seu compromiso coa sustentabilidade de maneira auténtica e efectiva, xerando un impacto positivo na sociedade e no medio ambiente.
Comunicación Interna.
A comunicación interna é esencial para promover unha cultura organizacional sustentable. Axudamos aos nosos clientes a desenvolver estratexias de comunicación interna que informen, motiven e comprometan aos empregados en torno ás iniciativas de sustentabilidade da empresa. Desde boletíns informativos ata talleres de sensibilización, asegurámonos de que todos na organización estean alineados e comprometidos cos obxectivos de sustentabilidade.
Relacións cos Medios.
Establecer relacións sólidas cos medios de comunicación é clave para difundir a mensaxe de sustentabilidade dunha empresa. Ofrecemos servizos de xestión de relacións cos medios, axudando aos nosos clientes a construír e manter relacións positivas cos xornalistas e a xerar cobertura mediática positiva sobre as súas iniciativas de sustentabilidade.
Comunicación Externa.
Xerar unha comunicación efectiva co público externo é crucial para construír e manter a reputación dunha empresa en materia de sustentabilidade. Desde a xestión das redes sociais ata a participación en eventos e conferencias, axudamos aos nosos clientes a comunicarse de maneira auténtica e relevante coa comunidade, os clientes, os investidores e outras partes interesadas externas para promover a súa visión e compromiso cona sustentabilidade.
Informes de Sustentabilidade.
O noso equipo experto en comunicación colabora estreitamente cos nosos clientes para producir informes de sustentabilidade claros, transparentes e persuasivos. Asegurámonos de que estes informes cumpran cos estándares internacionais e comuniquen de maneira efectiva o rendemento ambiental, social e económico da empresa, demostrando o seu compromiso coa sustentabilidade e a responsabilidade corporativ
Campañas de Sensibilización
Deseñamos e executamos campañas de sensibilización creativas e atractivas que involucran a clientes, empregados e outras partes interesadas en torno a temas clave de sustentabilidade. Desde campañas en redes sociais ata eventos de participación comunitaria, esforzámonos por inspirar accións positivas e fomentar un maior compromiso coa sustentabilidade.
Rendibilidade Sostible.
Axudar ás empresas a comprender que a sostibilidade non só é beneficiosa para o planeta, senón tamén para a súa rendibilidade a longo prazo.