Compostaxe

PERMAE SER > Servizos > Compostaxe
Tes algúnha dúbida?

0034 617 988 857

Tes unha invitación aberta para poñerte en contacto con nos, caquera día a calquera hora. 

Compostaxe

Podemos distinguir dúas formas de afrontar a compostaxe nos concellos. Por unha banda a compostaxe individual, na que se entregan composteiros as familias e, por outra a implantación de centros de compostaxe comunitaria.

Dende PERMA SER colaboramos estreitamente con administracións locais para implementar sistemas de recollida e xestión de biorresiduos eficientes e sostibles. Apostamos firmemente pola compostaxe domiciliaria  fronte a outras solucións.

Para as distintas campañas de implantación da compostaxe doméstica e domiciliaria cóntase coa colaboración do tecido asociativo local e coas entidades da economía social.

Composteiros domiciliarios

Ofrecemos solucións prácticas e accesibles para a compostaxe no fogar. Instalamos composteiros domiciliarios e ofrecemos formación aos residentes para que poidan reducir a súa pegada de carbono e mellorar a calidade do seu solo.

Compostaxe comunitaria

Xestionamos centros de compostaxe comunitarios onde os residentes poden levar os seus residuos orgánicos e aprender sobre o proceso de compostaxe. Fomentamos a participación activa da comunidade na creación de abono orgánico de alta calidade.

Vantaxes da compostaxe

Mellora da calidade do solo.

Redución de residuos.

Redución da pegada de carbono.

Participación cidadan.