medioambiente

 

Liderando o camiño cara  un futuro sostible.

Somos unha empresa galega centrada en ofrecer solucións en materia medio ambiente e economía circular para os concellos. Apoiamos tamén ao tecido empresarial no seu traballo por acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

A NOSA INSPIRACIÓN

Transformando o modelo de xestión dos biorresiduos

Misión

A nosa misión é liderar o camiño cara a unha xestión de biorresiduos sustentable, educativa e beneficiosa tanto para o medio ambiente como para a comunidade. Traballamos incansabelmente para transformar a forma en que se manexan os residuos orgánicos, promovendo a sostenibilidade en todos os niveis da nosa sociedade.

Visión

Imaxinamos un futuro onde a xestión de biorresiduos sexa un modelo de sustentabilidade e onde cada comunidade participe activamente na creación de recursos a partir dos seus propios residuos. Queremos ser pioneiros neste cambio, empoderando a comunidade para vivir en harmonía co medio ambiente e coa responsabilidade de conservar os nosos recursos naturais.

OS NOSOS SERVIZOS

Defendemos a nosa terra para vindeiras xeracións

Compostaxe

Contribuindo a xestión local dos residuos e mellorando a calidade do solo.

Contedor marrón

Implantación da recollida separada dos residuos orgánicos.

Comunidades enerxéticas

Fomento do consumo e produción de enerxía renovable en comunidade.

Consultoria sostible

Apoio a entidades públicas e privadas cara un planeta mais sostible.

Eventos sostibles

Conseguimos que o teu evento sexa respectuoso co medioambiente e as persoas sendo rendible.

Concienciación e sensibilización

Axudando a construír unha sociedade mais sostible.

Tramitación axudas

Colaboramos cos concellos para acudir a convocatorias relacionadas co medioambiente.

Formación

Constuimos formacións a medida en temáticas de medioambiente e sostibilidade.

Qué facemos?

Queremos ser o necesario apoio dos concellos en materia medioambiental

As administracións locais teñen grandes retos nos próximos anos en materia de xestión de residuos e para adaptarse a nova normativa medioambiental. Para adaptarse teñen que buscar apoio de profesionais que coñecen o seu funcionamento e comprenden as limitacións técnicas e administrativas que teñen que superar.

Consultoria

Axudamos na adaptación a novas normativas e en xerar estratexias para concellos mais sostibles e eficientes.

Tramitación de axudas

Informamos sobre as axudas dispoñibles, redactamos proxectos e cumprimos con requirimentos e documentación necesaria.

20

+
Concellos

1500

+
Composteiros

5

+
Comunidades enerxéticas

50

k+
Persoas

FALA CON NOS

Tes algunha pregunta?

    Información útil

    Comproba as últimas novas e infórmate

    Reduce a túa pegada de carbono

    Facerse ecolóxico e reducir a túa pegada de carbono son pasos importantes…

    A importancia da reforestación para a saúde…

    A reforestación é unha práctica vital para a saúde do noso planeta.…

    A importancia da conservación dos océanos

    Os océanos son unha parte fundamental do noso planeta, xogando un papel…