Ofrecemos solucións sostibles
nos ámbitos da consultoría,
comunicación, sensibilización,
formación e eventos, traballando
sempre por acadar os Obxectivos
de Desenvolvemento Sostible.


Buscamos mellorar a calidade de vida
das persoas a través de iniciativas que impulsen a participación cidadá, inclusión social e desenvolvemento comunitario.

Desenvolvemos proxectos que procurar
contribuír á protección e conservación do
medioambiente, promovendo prácticas
sostibles e redución de residuos.

Impulsamos a economía local apoiando empresas e entidades para adaptarse ás normativas, xerando emprego verde e
fomentando a economía circular.
A busca de solucións aos problemas das empresas e entidades públicas e privadas que non só beneficie as mesmas se non que tamén o faga ás persoas, ás comunidades, á economía local e ao medio ambiente.
Vémonos como pezas chave para liderar un futuro sostible, sendo recoñecidos polo noso compromiso, polo cambio positivo e por ser impulsores de prácticas empresariais responsables e conscientes
coas persoas e o medio ambiente.
PERTENECEMOS A



NUESTROS SERVICIOS
Fomentamos o consumo e a produción de enerxía renovable aplicando modelos de comunidades enerxéticas e xestionamos unha Oficina de Transformación Comunitaria.
Axudamos a construír unha sociedade mais xusta. Estamos especializados en campañas relacionadas cos residuos e a limpeza viaria.
Proxectamos a implantación do quinto colector e da compostaxe, xestionamos o servizo con persoal especializado. Contribuímos a xestión local dos residuos.
Fomentamos o consumo e a produción de enerxía renovable aplicando modelos de comunidades enerxéticas e xestionamos unha Oficina de Transformación Comunitaria.
NOS APOYAN






Proxecto financiado polo IGAPE no marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas (IG257).
Proxecto financiado pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade no marco de apoio a iniciativas de emprendemento (TR880A).
Proxecto co apoio do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña (PEL-CW ARENAZA).
Proxecto finanaciado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Esta iniciativa promove a educación ambiental e inclusión social nos colexios, persoas con discapacidade dirixen as actividades sobre compostaxe. O proxecto ensina ao alumnado a
xestionar residuos orgánicos e convertelos en compost, xerando tamén emprego para persoas
con discapacidade.
Más información
Permae y Down Coruña se alían para promover el compostaje y la inclusión social en los colegios
Temos dispoñibles duas
plataformas tecnolóxicas

Marca comercial de Permae. Trátase dunha plataforma para a xestión das campañas
de residuos, onde a cidadanía pode inscribirse na plataforma. Os concellos consultan todos os datos, e a ferramenta permite xestionar incidencias, citas e máis. Ademais, ten impacto de comunicación.

Plataforma para xestión das comunidades
enerxéticas que promoven a participación
activa dos cidadáns na transición cara un
sistema enerxético máis descentralizado,
democrático e sostible.

PERMAE SER, S.L.
Costa do Pincho 47, BJ-IZ
15175 Carral, B56514656
info@permaeser.com
647 529 509
Oficina de atención ao público
Pazo de Arenaza (Oleiros)